Saltar ao contido

Río Segre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Segre
Imaxe
Tipocurso de auga
río
río aurífero Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial2.843 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaAlta Cerdanya, Francia, Pireneos Orientais, Francia e distrito de Prades, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLlo Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final70 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMequinenza Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Ebro Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°23′55″N 2°07′16″L / 42.39857, 2.12099
41°21′49″N 0°18′10″L / 41.363656, 0.302644
Afluentes
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións265 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica22.400 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal100,2 m³/s (Seròs) Editar o valor en Wikidata
O Segre ao paso por Lleida
Gráfica do réxime do Segre, na estación da Seu d'Urgell.

O río Segre é un curso fluvial, afluente do río Ebro pola súa beira esquerda, que desde o nacemento até a desembocadura, logo de 265 km de curso, atravesa territorios de dous países: Francia e España.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O sentido xeral do curso do Segre é de NL-SO. O Segre nace nos Pireneos, na ladeira setentrional do Pico do Segre, no circo de la Culassa, no concello de Llo, departamento dos Pireneos Orientais, Francia, dentro da comarca que os cataláns denominan Alta Cerdaña. Logo de apenas 20 km de curso penetra en territorio catalán, preto de Puigcerdà, na provincia de Xirona, para entrar logo na de Lleida, por onde transcorre a maior parte do seu percorrido, excepto uns poucos quilómetros, nos que entra en territorio administrativo aragonés (Zaragoza). Verte as súas augas no Ebro na localidade de Mequinenza, dentro da franxa de fala catalá de Aragón.

Réxime hídrico

[editar | editar a fonte]

O réxime do Segre é de tipo nivo-pluvial (ver figura), con máximos de caudal nos meses primaverais a consecuencia do desxeo das masas xeadas e neves acumuladas nas alturas dos Pireneos principalmente, ás que hai que engadir as dos seus principais afluentes.

Afluentes principais

[editar | editar a fonte]

Desde o nacemento até a desembocadura os tributarios principais son:

Poboacións nas ribeiras

[editar | editar a fonte]

Destacan as seguintes poboacións situadas nas súas beiras: Puigcerdà, La Seu d'Urgell, Balaguer, Lleida, Aitona, Seròs e Mequinensa

Economía

[editar | editar a fonte]

Nas augas do Segre érguense os encoros de Oliana, Rialb e Sant Llorenç de Montgai.

Do seu leito saen diversas canles e regos: a canle de Urgell, cos seus diversos ramais; a canle de Balaguer; a canle de Seròs, a canle de Aragón e Cataluña etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]